sábado, 27 de diciembre de 2008

Hoxe é un día importante dentro do deporte galego. A nosa selección de futbol vai disputar un partido fronte a potente selección de Irán. Fai hoxe dous anos, no 2007, que David, Dario, Rubén, Manule e máis eu puidemos asistir i escoitar o himno do noso país no estadio de Riazor.

A verdade é que estos partidos de cara á galería están moi ben pero ata que Galicia compita en torneos internacionais a cousa non pasará de ser mera anécdota. Escocia compite, Gales compite e Irlanda do Norte tamén. Nós tamén queremos iso.
Eu, obviamente, non poderei asistir o partido pero o meu compañeiro inseparable David irá.


Disfrutade os que poidades con esta oportunidade e animade a morte. Eu namentres estarei dando conta das miñas pintas de Guiness.



Saudos meus!!!